CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Fani con “La llorona” e Emma con “Traidor” gañan unha exitosa edición do Got Talent que enchía o campo de San Roque, na Rúa Vella

 

Un rotundo éxito. Así era a IV edición do concurso Got Talent co que A Rúa Vella abría as festas de San Roque 2026.

O ano pasado, por mor dos incendios, non se podía celebrar, polo que a xente tíñalle ganas e notouse. Na noite do venres 21 de agosto, o campo de San Roque enchíase de xente, moitos artistas que participaban no concurso e outros público que aplaudía e vitoreaba cada actuación musical.

 

 

Como en edicións anteriores era “o grupo de baile da Rúa Vella”, neste caso como Majorette quen entraba no campo tocando e bailando, dando así o pistoletazo de saída ao concurso presentado un ano máis por David Pérez. No xurado, o actor e presentador Fran Nogueira, a cantante Fátima e o fundador de Abertal Manolo Durán. No son, membros de AMAVA. E sobre o escenario, ata quince participantes.

 

 

Comezaba o grupo de rock kZ-Angels interpretando Sugar de System of a Down; e despois sucedíanse as actuacións, a maioría individuais cantando e tocando, pero tamén algún trío de baile, mesturándose a competiciín infantil e adulta.

Mentres o xurado deliberaba, subíase ao escenario a cantante Andrea Velasco que participou no concurso Recantos de Luar na TVG, e finalmente daban por gañadoras desta edición a Fani que interpretou La llorona na categoría de adultos e Emma que cantou Traidor na de infantil.

 

 

Dende a Asociación Sabugueiro, organizadora do concurso, agradecen a participación dos concursantes e a asistencia do numeroso público.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver

Back to top button