Na mañá do luns 22 de decembro abríase a programación de Nadal na Pobra de Trives. Pola mañá celebrábase un Obradoiro de Candeas na Casa da Cultura, no que as persoas participantes aprenderon a elaborar as súas propias candeas con mel de cera laminada.

Con todo era hoxe, martes día 23, cando tiñan lugar dous actos xa tradicionais nestas datas. Pola mañá inaugurábase o Belén de Elías, instalado no CEIP Manuel Bermúdez Couso, que poderá visitarse diariamente, agás o 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro, en horario de 17 a 19h.
E xa pola tarde, a partir das 19 horas, a praza do Concello era o escenario da Gala Faroliños Solidarios, un evento no que se se intercambiaban 1kg de alimentos por un farolillo (un por familia ata un máximo de 250), promovendo así a solidariedade veciñal nestas datas cunha das citas máis agardadas ano a ano na vila e na que se recollían moita comida. Dende o Concello adiantan que a que sobre entregarana ao Banco de Alimentos.

De feitos eran moitas as persoas que tras entregar o seu quilo de alimento non perecedoiro, procedían a prender a mecha para facer voar o seu faroliño. Todos xuntos iluminaban o ceo trivés nesta bonita e fría noitiña de decembro, previa á Noiteboa, 24 de decembro, cando Trives recibirá a visita de Papá Noel (18 horas), que percorrerá as rúas do municipio antes de saudar ás familias na Praza do Pilón.

Fotos de vídeo: Carlos G. Hervella.