Pasada por auga. Así se celebraba a Gran Feira Tradicional de Gando Autóctono Alistana-Sanabresa, que na xornada deste mércores 26 de agosto se celebraba na localidade zamorana de Porto.
Coma sempre a feira abría as portas arredor das 11 horas por parte do alcalde de Porto Francisco Blanco e as autoridades presentes; e a partir de aí sucedíanse as actividades da mostra como unha interesante exhibición de arrastre de pedra a cargo de dúas parellas de bois chegados dende Santander ou o XXIII Concurso Morfolóxico Nacional organizado por A.E.C.A.S. coa posterior entrega de galardóns.

- Mellor gandería, José Antonio Bruña Bruña “Perkins” de Porto de Sanabria
- Mellor lote, Emilo Riesco Guarrate
- Mellor exemplar 1441, Paulino de Villanueva
- Primero premio de bois, José Antonio Bruña “Perkins” de Porto
- Segundo premio de bois, Óscar Puente de Tábara
- Primeiro premio de tenreiros, Roberto Fuentes de Carbajales de Alba
- Segundo premio de tenreiros, Paulino de Villanueva
- Primeiro premio de novelos, Carlos del Amo de Andavías
- Segundo premio de novelos, Obdulio Dierez de Castromil
- Primeiro premio de novelas, Brais García de Castromil
- Segundo premio de novelas, Alberto Hernández de Andavías
- Primeiro premio de reprodutoras, Emilio Riesco de Guarrate
- Segundo premio de reprodutoras, Roberto Fuentes de Carbajales de Alba
- Primeiro premio de sementales, Paulino de Villanueva
- Segundo premio de sementales, Óscar Puente de Tábara

Fotos cedidas