En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Félix Domínguez, novo alcalde de Manzaneda

Tomaba posesión na mañá do 12 de setembro nunha sesión plenaria á que asistía o anterior rexidor, Davide Rodríguez

Novo rostro á fronte do Concello de Manzaneda. Tras a renuncia do anterior alcalde, Davide Rodríguez (Son Manzaneda-Anova), para poder concurrir como candidato nas listas das autonómicas, na mañá do 12 de setembro resultaba elixido como novo rexidor Félix Domínguez Cortiñas. Antes tomaba posesión como concelleiro, seguidamente presentábase como candidato á alcaldía, tras renunciar os anteriores na lista a facelo).

Na sesión plenaria non se presentaban outras candidaturas e resultaba elixido Félix Domínguez, quen, tras prometer o cargo, recibía o bastón de mando de mans do seu predecesor: Davide Rodríguez. De seguido, interviña e amosaba “o orgullo e ledicia” que supuxo para el “recibir hoxe por parte do pleno do concello de Manzaneda a tarefa de ser alcalde nos próximos vindeiros anos”. Asemade agradecía a confianza depositada nel.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button