OurenseÚltima hora

Ferida unha muller tras unha explosión de gas nunha vivenda en Xinzo de Limia

 

Pouco antes das 16:30 horas deste luns, 14 de abril, producíase unha explosión de gas nunha vivenda situada na avenida de Ourense, no concello de Xinzo de Limia, tal e como informa o 112 Galicia. “A alerta foi recibida a través dunha chamada da propia afectada, que indicou que estaba a empregar un forno eléctrico cando escoitou un forte estoupido. Como consecuencia, dúas fiestras da vivenda desprendéronse, unha delas caendo ao patio interior”, sinala o 112 Galicia, que procedía a mobilizar de inmediato os recursos necesarios, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Xinzo de Limia, a Garda Civil e a Policía Local.

Segundo informaron os equipos de intervención unha vez finalizada a súa actuación, “o incidente estivo motivado por unha pequena explosión provocada por unha bolsa de gas nunha tubaxe. A única persoa afectada sufriu queimaduras nun brazo e foi atendida no lugar polos servizos sanitarios, sen necesidade de traslado”, informa 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button