Na noite do venres 26 de decembro producíase un accidente de tráfico no Barco de Valdeorras no que resultaba ferida unha persoa tras ser alcanzada por un vehículo pouco despois das 23 horas.
Tal como indican dende o 112 Galicia o suceso tiña lugar na rúa Enrique Arias, sendo un particular quen chamaba “informando dun atropelo á altura do número 43 aproximadamente, cunha persoa ferida de gravidade”. Con estes datos avisaban ao 061 así como “aos Bombeiros de Valdeorras por se fose necesario, ao GES Valdeorras, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil”. Tamén acudía a Policía Local lo Barco.
Finalmente a persoa ferida era trasladada en ambulancia ata o Hospital Público Valdeorras.