ConcellosO BarcoÚltima hora

Ferida unha persoa atropelada nun paso de peóns, no Barco de Valdeorras

 

Na mañá deste mércores 28 de outubro producíase un atropelo no Barco de Valdeorras. Tal como indican dende o 112 Galicia, pouco antes das 12h. recibían o aviso “dunha persoa que fora alcanzada por un vehículo nun paso de peóns situado na rúa Río Miño”. Indicaban que “a persoa estaba ferida pero non atrapada, estaba libre e accesible”.

Ata o lugar desprazábase sanitarios de Urxencias Médicas que atendían á persoa ferida. “Tamén se avisou ao GES Valdeorras e á Policía Local do Barco”.

Back to top button