ConcellosÚltima horaVilamartín

Ferida unha persoa mentres cortaba piñeiros en San Vicente (Vilamartín de Valdeorras)

 

A localidade de San Vicente de Leira, no concello de Vilamartín de Valdeorras, volve ser noticia, desta volta por un accidente no monte.

Arredor das 15 horas deste xoves 9 de outubro, unha persoa tiña que ser atendida polos servizos sanitarios ao caer por un desnivel mentres estaba a cortar piñeiros nun lugar de difícil acceso, tal como explican dende o 112 Galicia que avisaba ao GES Valdeorras e aos bombeiros do parque comarcal.

“Nun principio comunicousenos que a ambulancia non podía acceder ao punto no que se atopaba o ferido pero finalmente o GES indicaba que cando eles chegaron o home xa estaba a ser atendido polo persoal sanitario da ambulancia que o trasladaba ata o hospital do Barco”, indican dende o 112.

 

Back to top button