ConcellosO BarcoÚltima hora

Ferida unha persoa tras caer da bicicleta na N-536, no Barco de Valdeorras

 

Pouco antes das 13:17 horas deste chuvioso mércores 26 de agosto, o 112 Galicia recibía o aviso dun accidente de tráfico no Barco de Valdeorras, no que resultaba ferido un ciclista.

“Nun primeiro momento indicaban que o ciclista fora atropelado por un coche, pero finalmente a Policía Local aclaraba que o ciclista caera da bicicleta el só”, explican dende o 112, indicando que o suceso tiña lugar no PK  48 da N-536, pola zona de Coedo, e que ademais dos municipais e da ambulancia que trasladaba ao ferido, ata o punto acudía tamén o GES Valdeorras e a Garda Civil de Tráfico.

Back to top button