
Na tarde deste luns 27 de outubro producíase un accidente de tráfico na localidade de Barxa, no concello do Bolo, no que se vía implicado un coche.
Arredor das 16:15 horas, o vehículo chocaba contra o muro dunha vivenda na estrada que atravesa a aldea, quedando seriamente danado. Ata o lugar desprazábase a Garda Civil de Tráfico, o GES da Veiga e Protección Civil do Bolo, así como unha ambulancia do 061 que trasladaba á muller que conducía e única ocupante, ata o Hospital Público Valdeorras para a súa observación