OurenseÚltima hora

Ferido de consideración un motorista tras chocar contra unha furgoneta no Pereiro de Aguiar

 

Un motorista resultaba ferido de consideración esta tarde despois de colidir a moto que conducía contra unha furgoneta en O Pereiro de Aguiar. Debido ás lesións ocasionadas, os profesionais sanitarios derivaron ao punto un helicóptero medicalizado aínda que, finalmente, o motorista puido ser evacuado nunha ambulancia, segundo informa o 112 Galicia.

Era as tres e media desta tarde, cando o 112 Galicia recibía a chamada dun particular que informaba dun accidente grave na OU-0510, quilómetro 3, en Loñoá Do Camiño, en Covas, no concello de Pereiro de Aguiar. O alertador indicaba que se trataba dun choque entre unha furgoneta e unha moto, engadía que o motorista estaba ferido de gravidade.

Con estes datos, desde o 112 Galicia avisouse decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tamén foron informados os Bombeiros de San Cibrao, a Garda Civil de Tráfico, o GES de Pereiro de Aguiar e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Así, unha vez no lugar dos feitos e o helicóptero medicalizado no punto, os membros do GES de Pereiro comunicaron que o paciente puidera ser evacuado nunha ambulancia, polo que procedían coas tarefas de limpeza da vía, citando a información do 112 Galicia.

Así mesmo, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou o traslado da persoa ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Back to top button