
Na madrugada deste domingo 31 de agosto, unha persoa resultaba ferida logo de sufrir un accidente cun camión que transportaba porcos na Merca.
Tal como indican dende o 112 Galicia tiveron constancia dos feitos a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pouco antes das 5:30 horas. “Un camión de transporte de porcos acabou caendo marcha atrás por un terraplén cando o estaban a cargar nunha granxa da Merca”, explican, asegurando que o camioneiro puido saír do vehículo polos seus propios medios pero “finalmente foi evacuado ao hospital tras sufrir un golpe na cabeza, mentres que varios dos animais morreron e outros resultaron feridos no accidente”.
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Terras de Celanova e os axentes da Garda Civil e da Garda Civil de Tráfico.