ConcellosLaroucoÚltima hora

Ferido o condutor dun camión tras chocar contra un muro, en Larouco

 

No mediodía deste venres 20 de marzo producíase un accidente de tráfico en Larouco, no que se vía implicado un único vehículo.

Tal como informan dende os servizos de emerxencia, pasadas as 12 horas e por motivos que se descoñecen, un camión do servizo forestal chocaba contra o muro de pedra do peche dunha finca, na estrada que vai de Larouco á Portela (a uns 100 metros da cooperativa), resultando ferido o condutor que era trasladado en ambulancia ata o Hospital Público Valdeorras.

Ata o lugar do feitos tamén acudían voluntarios de Protección Civil de Larouco, bombeiros do parque comarcal, GES Valdeorras e Garda Civil de Tráfico.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button