Na tarde deste luns 20 de xullo unha persoa resultaba ferida nun accidente de tráfico en Viloira, no Barco de Valdeorras, no que se vía implicado un único vehículo. Trátase dunha carroceta que baixaba pola estrada de Santigoso e chocaba frontalmente cunha árbore de grandes dimensións na rúa Elena Quiroga, á entrada da praza.
Segundo fontes presenciais ao condutor e único ocupante do vehículo “debeulle dar un mareo”, sendo trasladado ata o Hospital Público Valdeorras para a súa observación.
Á parte da ambulancia do 061, ata o lugar do sinistro desprazábase o GES Valdeorras a Policía Local do Barco.

Fotos: O SIL.