OurenseÚltima hora

Ferido un home que caeu cando podaba unha árbore en Rairiz de Veiga

 

Na tarde deste sábado 25 de abril un home resultaba ferido nun accidente cando podaba unha árbore en Rairiz de Veiga. Tal como explican dende o 112 Galicia que era informado do suceso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 indicando que “un home caeu desde unha altura duns catro metros mentres podaba unha árbore na aldea Zapeaus, en Rairiz de Veiga”.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaban a acción dos axentes da Garda Civil. “Ao mesmo tempo, desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informouse da mobilización do seu helicóptero medicalizado con base en Ourense”, indican, asegurando que o implicado “sufriu feridas graves e foi evacuado na aeronave ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense”.

Back to top button