Nova saída de vía no concello do Barco de Valdeorras. Arredor das 14 horas deste luns 8 de xuño o 112 Galicia recibía o aviso do 061 da “saída de vía dunha moto” na estrada de Viloira a Soulecín, no concello do Barco de Valdeorras, no que resultaba ferida unha persoa que era atendida polos servizos sanitarios que posteriormente a trasladaban ata o Hospital Público Valdeorras.
Dende o 112 Galicia informaban á Garda Civil de Tráfico, ao GES Valdeorras, á Policía Local do Barco e a Protección Civil.