OurenseÚltima hora

Ferido un operario ao caerlle un piñeiro enriba cando realizaba traballos forestais en San Cristovo de Cea

 

Na tarde deste martes 14 de outubro resultaba ferido un operario ao caerlle un piñeiro enriba cando realizaba traballos forestais en San Cristovo de Cea.

Tal como informan dende o 112 Galicia “foi un compañeiro do ferido quen alertou pasados escasos minutos das 17:30 horas de que o operario resultara golpeado por un piñeiro cando traballaba no lugar de Ariz, en San Fagundo”. Estaba liberado e accesible e naquel momento xa agardaban pola asistencia na marxe da estrada.

Con esta informaciáon os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaron un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Finalmente, “o persoal sanitario encargouse do traslado do traballador ferido en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense”, conclúen dende o 112.

Back to top button