Un operario caía esta mañá dun andamio en Toén. “Ás 8:40 horas de hoxe, o 112 Galicia tivo coñecemento deste accidente no eido laboral a través dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa estaban organizando a asistencia médica do ferido”, explican dende o 112 Galicia.
Segundo a información recollida no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, a persoa caeu dunha estada, desde un segundo piso.
Un equipo médico a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense desprazouse para atender a un traballador, que caeu desde un segundo piso.
“Posiblemente, estiveran realizando obras de reforma nun inmoble situado no número 20 da Rúa Verea. Alí acudiron, ademais dos sanitarios, os axentes da Garda Civil”, indican dende o 112 Galicia, asegurando ademais que o “ferido, cunha posible fractura no costado, foi trasladado a bordo da ambulancia das urxencias sanitarias”.
