OurenseÚltima hora

Feridos os dous ocupantes dun coche que envorcou en Cortegada

 

Na madrugada deste domingo 27 de xullo producíase un accicente de tráfico en Cortegada, tendo que ser excarcerados os dous ocupantes dun vehículo que se saía da vía e quedaba envorcado, tal e como explican dende o o 112 Galicia

Era un dos implicados quen contactaba co 112 Galicia ao fío das 2 horas, explicando que “tiveran un accidente no quilómetro 13 da OU-801 e que o vehículo estaba envorcado, imposibilitando a súa saída”. Con estes datos, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaban un operativo para o que se solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros do Carballiño, GES de Ribadavia e Garda Civil de Tráfico.

“Cando chegaron, os medios confirmaron que as dúas persoas permanecían atrapadas no interior do coche, polo que os membros do GES de Ribadavia encargáronse das tarefas de liberación de ambas persoas, que foron trasladados en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense”.

Back to top button