Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Fermosa ruta da Asociación Huellas de Cabrera polos Ancares de León

 

A Asociación Huellas de Cabrera realizaba na pasada fin de semana unha fermosa ruta circular polos Ancares de León. Un traxecto que discorre entre Trabadelo e a aldea ancaresa de Cantejeira, na que os participantes percorrían o interior de preciosos bosques autóctonos, visitando os elementos máis importantes da zona.

“Partindo de Trabadelo, o itinerario lévanos río arriba, entre belos soutos e carballeiras, ata chegar á aldea de Paradela, totalmente abandonada. Seguimos ata chegar á fascinante fervenza de Cantejeira, na que cae dende unha altura duns 25 metros o regato Paradela, situada nun lugar agochado e fermoso no medio do bosque”, explican os participantes.

 

 

Dende aí, a ruta continuaba cunha visita á aldea de Cantejeira, unha das poucas nas que aínda poden verse as típicas pallozas, as construcións tradicionais dos Ancares, practicamente desaparecidas da serra.

Despois, regresaban por un bonito camiño entre bosques e preto do rego de Valdelobos ata chegar de novo ao punto de partida en Trabadelo.

Fotos: Miguel Blanco e Lino Carrera.

 

Artigos relacionados

Back to top button