A RúaConcellosÚltima hora

Fermosas e coloridas alfombras para a procesión do Corpus, na parroquia ruesa de Santo Estevo

 

Na Rúa Vella está todo listo para a celebración do Corpus Christi. Logo de horas de traballo sen descanso, dende a dez da noite do sábado ata pouco antes da procesión de hoxe, na mañá deste domingo 7 de xuño a veciñanza admiraba o resultado: tres fermosas alfombras (no adro da igrexa, no Fondo da Rúa e na praza César Conti) e dous altares, polas que pasará a procesión (desspois da misa das 13 horas) cos nenos da Primeira Comuñón.

 

 

Na realización destes coloristas e elaborados tapices, unha fermosa tradición que manteñen viva na parroquia de Santo Estevo, usan principalmente sal tinguida de diferentes cores e tulla picada, entre outros elementos como lentellas tamén tinguidas, destacando especialmente os motivos relixiosos.

 

 

O grupo de alfombristas da Rúa Vella conta coa colaboración de veciños do barrio e doutros puntos da vila e tamén a mocidade, moita dela a través da Asociación Sabugueiro.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button