CulturaCulturaÚltima hora

Fernando Hernández presenta na Rúa o seu novo libro, “Conmigo muere tu secreto”

 

Primeiro foi no Barco, despois na Pobra de Brollón e agora na Rúa. Na tarde deste xoves 26 de marzo a Biblioteca Municipal ruesa acollía a presentación de Conmigo muere tu secreto, o terceiro libro de Fernando Hernández, natural de Monforte de Lemos e policía local no Barco dende hai máis de 30 anos. Os mesmos de amizade e compañeirismo con Fernando Lozano, o xefe da Policía Local barquense e veciño da Rúa que facía a presentación.

 

 

Tras Juguetes de lo desconocido e Gotas de esperanza, nesta nova novela Fernando volve adentrarse no terreo da intriga. Tal e como el mesmo explica, trátase dunha obra de ficción na que son reais os lugares, os percorridos ferroviarios e algúns personaxes.

 

 

A obra xira arredor de Antonio Gómez, quen durante o seu confinamento nunha residencia de anciáns, confesa o segredo que oprime a súa conciencia desde 1991, ano no que a súa filla Elena anunciou o seu compromiso con Marcos, un mozo traumatólogo do Hospital de Santiago de Compostela. Ao longo da confesión, Antonio revive o inferno sufrido o ano que, en lugar de levantarse ao pódium das mellores experiencias da súa vida, converteuse nun tumor ancorado ao corazón da súa alma, que o acompañou ata o fin dos seus días. No devir da odisea vivida por Antonio, un vello coñecido da súa mocidade ten un papel protagonista.

 

 

O acto incluída sinatura de exemplares polo propio autor.

Fotos cedidas.

Back to top button