EconomíaEconomíaÚltima hora

Festa asegurada con grandes hits do pop-rock nacional e galego, da man de Baixo Zero, no bar Las Vegas (San Clodio)

 

A terraza de Las Vegas, en San Clodio (Ribas de Sil), acollerá este sábado partir das 23h. o concerto de Baixo Zero, unha banda revelación na Ribeira Sacra que comezou a tocar versións en salas e pequenos eventos mais agora xa se moven por festas e grandes eventos cun camión-escenario que os coloca xa noutra dimensión.

Xente nova, con calidade e cunha posta en escena que convida á festa seguindo a súa selección de grandes hits do pop-rock nacional pero tamén galego, algo que os caracteriza con popurrís cheos de enerxía.

A terraza de Las Vegas organiza dende hai varios anos un programa de música en vivo e festas para ofrecerlle á súa clientela nun espazo que é referente na contorna para desconectar e disfrutar en boa compañía e á fresca. Nesta ocasión faino con este grupo que se formaba a finais do 2023, grazas a axuda de Arturo e David da Sala Buril de Sarria, que lles facilitou o uso desa sala para ensaiar. Comezaron tocando versions rock en salas de galicia e pequenos eventos e no 2025 enfocáronse máis na verbena adquirindo un camion-escenario, aumentando o repertorio e recorrendo tamén a cancions mais populares.

 

 

O seu repertorio é moi variado tocando principalmente os maiores exitos do pop rock español das ultimas decadas (Hombres G, M Clan, Fito y Fitipaldis, Radio Futura…), ademais dun popurrí de temas en galego moi coñecidos (Heredeiros da Crus, Siniestro Total, The Rapants…).

O grupo esta formado por Andrés López, batería, do Saviñao; Abel González, baixo de Sober; Miguel López, guitarra do Saviñao; Luis Alfonso Rodríguez, guitarra de Monforte; e Andrea Parada, vocalista de Monforte.

Back to top button