Dende o marte e ata hoxe, A Portela de Portomourisco (Larouco-Petín) celebra as Festas da Rabiosa na honra a San Vitoiro.
O programa arrincaba o 26 de agosto cunha cea popular, onde 260 comensais desfrutaron do ‘porco ao espeto’, acompañado de empanada e caldo verde portugués, coa música da discoteca móbil A Gramola; pero o día grande era onte, mércores 27. Desde primeira hora a charanga Achicoria percorreu as rúas para espertar á veciñanza e despois acompañar na procesión, a misa e a imprescindible sesión vermú. E xa á noitiña e malia a chuvia que caía xeitosamente, bailaron ao ritmo da orquestra Cinema Team.
As festas rematan hoxe cun Dj.
Fotos cedidas.