ConcellosÚltima horaVídeos

Festa de Santa Isabel en Castro Caldelas

 

A vila de Castro Caldelas celebraba o 6 de xullo a festa na honra de Santa Isabel, patroa menor desta localidade da Ribeira Sacra. Os actos comezaban na mañá do sábado cun pasarrúas dos gaiteiros caldelaos Os Trabazos. Despois oficiábase a misa solemne e despois había un concerto na praza do Prado.

https://youtube.com/shorts/oFmC0wf_r5U?feature=share

A celebración continuaba na tarde e noite coa orquestra Triunfo, que facía cantar e bailar a veciños e visitantes, e tamén polos establecementos de hostalaría da vila.

Fotos e vídeos cedidos.

 

Back to top button