OurenseÚltima hora

Festa dos Maios de Ourense, un canto á primavera en plena praza Maior

Óscar López e Amigos da Pita obteñen os primeiros premios do concurso, artístico e enxebre

 

Na praza Maior e en Santa Eufemia e baixo unha carpa ante a previsión de chuvia, se celebraba na xornada deste domingo 3 de maio a Festa dos Maios 2026 de Ourense, cuxo concurso de maios e coplas convocado polo Concello de Ourense xa ten gañadores. O xurado, logo de avaliar todos os traballos presentados, acordou conceder estes premios:

Premio ao mellor Maio artístico (persoas adultas)
• Primeiro (1000 €): Óscar López González – O anxo caído
• Segundo (800 €): Asociación Cultural Os Lolailos – A ponte romana
• Terceiro (600 €): Club Hóckey Albor

 

 

Premio ao mellor Maio enxebre (persoas adultas)
• Primeiro (700 €): Asociación Cultural Amigos da Pita
• Segundo (500 €): Asociación Recreativa e Cultural Andén Primeiro
• Terceiro (400 €): Asociación Cultural A Galleira

Premio ao mellor Maio infantil
• Primeiro (500 €): CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, Celanova
• Segundo (300 €): AFA Pia da Casca CEIP As Mercedes
• Terceiro (200 €): CEIP Plurilingüe Irmáns Villar

Premio ao Maio creativo
• Premio (500 €): Asociación Recreativa e Cultural Andén Primeiro

 

 

Premio ás mellores Coplas (categoría de persoas adultas)
• Primeiro (500 €): Asociación Recreativa e Cultural Andén Primeiro
• Segundo (300 €): AFA Manuel Sueiro
• Terceiro (200 €): Miguel Anxo González Padilla

Premio ás mellores coplas infantís
• Primeiro (500 €): AFA Pia da Casca, do CEIP As Mercedes
• Segundo (300 €): CEIP Plurilingüe Irmáns Villar
• Terceiro (200 €): CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, Celanova

Os premios eran entregados esta tarde dentro da programación de actividades organizadas polo Concello para celebrar esta tradicional festa. A xornada rematará cun concerto de Amancio Prada.

 

Back to top button