CulturaCulturaÚltima hora

Festa dos Maios no Barco, o 1 de maio na praza do Príncipe

 

A Concellería de Cultura do Barco vén de presentar a programación da Festa dos Maios, prevista para o vindeiro xoves 1 de maio a partir das 11h. na Praza do Príncipe. Non faltará a exposición e o concurso de maios, a mostra de artesanía, o canto das coplas e unha actuación para público familiar

Dende o Concello informa de que as actividades dos Maios poderían trasladarse ao Pavillón da Avenida de España se ese día pola mañá está a chover. Para participar na feira inscribíronse un total de 27 artesáns.

En canto aos maios, concursarán 8 maios nas diferentes modalidades da convocatoria, e cantaranse 4 coplas. O certame repartirá 1800 premios en total.

Artigos relacionados

Back to top button