ConcellosÚltima horaVídeosVilamartín

Festa en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) ao ritmo da orquestra Trébol

 

Con moita animación e ao ritmo da orquestra, está a desfrutar a veciñanza de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) as festas de Santa Marta.

 

 

Ao mediodía celebrábase a procesión e misa, seguida da sesión vermú co charanga CLK e xa pola tarde era a orquestra Trébol a que se achegaba ata a Aira dos Bolos, para facer bailar ao público.

 

 

No descanso subiranse ao escenario os membros do CD Córgomo Vilamartín para presentar á afección o equipo para a nova tempada. Despois volverá actuar a orquestra, pechando a verbena Dj Rich and Soft.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button