OurenseÚltima hora

As Festas de Ourense amplían un día máis cun Enofestival

O Concello convocou un concurso para o deseño do cartel.

As fests de Ourense 2017 ampliarán a súa programación co Enofestival Ourense 2017, que se celebrará o día 1 de xullo, de 20:30 a 00:30 horas no Bulevar termal de As Burgas. O certame márcase como obxectivo de promover a cultura do viño, contando coa presenza de adegas e colleiteiros da provincia, cun perfil definido: viños auténticos, de “autor”, deses que “namoran” ao consumidor, que priman o respecto ao viñedo e utilizan os métodos máis tradicionais nas novas tecnoloxías, apuntan dende o consistorio.

Para buscar unha “maridaxe” perfecta, festiva e atractiva, a gastronomía estará presente con propostas locais “quilómetro cero”. A música será tamén o fío condutor do evento, en formato festival, con tres grupos enmarcados no estilo pop-rock actual.

Esta terceira edición do Enofestival Ourense volve apostar polo Bulevar Termal de As Burgas, “un lugar emblemático da cidade, cun recinto axardinado idóneo para a celebración de eventos de pequeno formato”, aseguraron fontes do Concello. O elenco musical da edición 2017 sobre enteiros, coa presenza de importantes bandas do panorama nacional.

MCarballo Band será a representación ourensá. Un grupo consolidado co guitarrista Manuel Carballo como maior referencia. Seguiranlle no escenario The Limboos, un dos grupos máis importantes do “Rhythm and Blues” na escena nacional. Banda emerxente, chamada a ocupar un lugar destacado nos vindeiros anos.

E como colofón, Arizona Baby, banda cun estilo pop-country característico, que triunfa xa en toda España, tras unha sólida traxectoria de 14 anos e 4 discos editados. Formada por Javier Vielba (voz e guitarra), Rubén Marrón (guitarra) e Guillermo Aragón (batería e percusións), músicos que compatibilizan a banda con proxectos en solitario e a colaboración con outro referente como son Los Coronas nun proxecto paralelo: Corizonas.

A banda de Valladolid, é unha presenza habitual nos mellores festivais pop-rock nacionais, ven darlle un salto de calidade a esta terceira edición del festival.

Para acompañar a música, estarán presentes 6 bodegas das denominacións de orixe de Ourense, que ofrecerán os seus viños ás persoas asistentes. Tamén haberá unha zona de gastronomía, e venderanse bebidas sen alcol.

O evento ten aforo limitado, para garantir a comodidade e seguridade dos asistentes. En próximas datas presentarase o cartel oficial da edición 2017, e comezará la venta de entradas, tanto online como en puntos físicos na cidade: 6 euros anticipada (gastos de distribución) e 8 euros na billeteira.

Iván Ferreiro e Sweet California

Esta é a terceira confirmación k musical do programa das Festas de Ourense que organiza o Concello de Ourense, que arrancarán coa actuación de Iván Ferreiro (24 de xuño, 22:30 horas, trala lectura do pregón na Praza Maior) que dará inicio ás Festas, dentro da xira que o artista vigués realiza para presentar as cancións do seu novo álbum, Casa (Warner Music, 2016).

Outra das citas máis populares será co trío Sweet California, o 30 de xuño no Xardín do Posío. As entradas están xa á venta en tiketea.com (5€ venta anticipada e 7€ en taquilla o día do concerto).

Autorización para menores

A día de hoxe xa van 480 entradas vendidas para este concerto, cifran dende o Concello, ao que poderán asistir menores de idade, sempre que os seus pais o autoricen. O documento de autorización xa se pode descargar en “ticketea”, na web ourensecultura.com e na propia billeteira do concerto.

Os menores de 0 a 12 anos, poderán acceder adquirindo a entranda, cubrindo o formulario e acompañdos polos pais, nais ou titores. Os menores de idade de entre 13 e 17 anos poderán acceder adquirindo entrada nas mesmas condicións que as persoas adultas, sen necesidade de ir acompañados, pero tamén terán que cubrir e entregar este documento nos accesos ao recinto.

 

Artigos relacionados

Back to top button