CarballedaConcellosÚltima horaVídeos

Festas do Corpus Christi en Casaio (Carballeda de Valdeorras)

 

Casaio celebra nesta fin de semana as Festas do Corpus Christi. Nestes días esta localidade de Carballeda de Valdeorras contará cun variado programa de actos relixiosos, pero tamén lúdicos e musicais. Este sábado, 10 de xuño, é o un dos días centrais da festa. Ás 12:30h. tiña lugar a misa de Corpus e a celebración das Primeiras Comuñóns. Deseguido facíase a tradicional procesión sacramental, acompañada pola charanga Bembibrass.

Durante este percorrido, a veciñanza acompañaba ao Santísimo, que era portado polo párroco, Juan José Prieto, na custodia e protexido baixo palio. E no seu decurso facíanse determinadas paradas nos altares que se sitúan no traxecto. Nesta procesión tamén participaban os nenos de Primeira Comuñón.

 

 

A partir das 18h. os máis pequenos poderán desfrutar cunha colchoneta, de balde, na praza. Ás 21h. haberá baile coa orquestra Saudade, que a partir da unha da madrugada volverá actuar e logo soará a disco móbil Venus Dibao. Na xornada do domingo, ás 17:30h., actuará o mago Roberto Lolo e ás 20h. seguirá a festa coa charanga Lou-Band.

Fotos e vídeos: Manuel Barrio.

 

Artigos relacionados

Back to top button