Roblido (A Rúa), é outra das localidades que teñen no San Xoán ao seu patrón, celebrando as festas na súa honra neste sábado 28 de xuño.





En torno ao mediodía tiñan lugar os cultos, procesión e misa presidida polo párroco da Rúa, Daniel Pérez Quintela, co acompañamento musical de Abertal. Tamén había sesión vermú no local social.






E xa pola noite, a partir das 21:30 horas, terá lugara a cea popular que reunirá a veciños e visitantes ao redor da mesa cun menú a base de empanasa, pulpo a fartar, postre, viño e cafés. A partir das 23:30 horas haberá baile a cargo do grupo Os Piñeiros.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: Carlos G. Hervella e cedido.