
Ás portas do primeiro aniversario do seu falecemento, celebrarase un festival de acordeóns e cantos de taberna en lembranza de “Suso Rocha”, barquense apaixoado do acordeón que finaba o 1 de marzo de 2025.
O acto será o vindeiro sábado 21 de febreiro ás 19:30 horas no Centro Cultural Avenida da Rúa e contará coa actuación dos grupos dos que formaba parte activa: os acordeóns e cantos de taberna de Abertal (A Rúa) e os acordeóns Airiños da Porta Falsa (Manzaneda). Unha fermosa homenaxe para “un dos nosos, o noso compañeiro e amigo, cuxo acordeón seguirá soando para sempre nos nosos corazóns”, segundo o publicado no seu momento nas redes sociais da Asociación Cultural Abertal.
