Un ano máis o Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras prepárase para o Nadal cun completo programa de actividades, no que non faltan as visitas (de Papá Noel e dos Reis Magos), a eucaristía para toda a comunidade educativa e por suposto o Festival de Panxoliñas divido por ciclos en diferente horario e tamén días.

Os primeiros e actuar na tarde deste martes 16 de decembro eran os alumnos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Unhas horas despois era a quenda dos de Educación Secundaria.
Mañá, mércores día 17, subiranse ao escenario do Salón de Actos do centro, os cativos de Educación Infantil; e o xoves dñia 18 os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Fotos e vídeos cedidos.