CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

Festival de panxoliñas para dar a benvida ao Nadal na igrexa de Santa Rita do Barco

 

Numerosas persoas asistían na tarde deste 18 de decembro na igrexa de Santa Rita do Barco a unha celebración moi especial para darlle a benvida ao Nadal. Despois dun pregón a cargo de dous alumnos e unha alumna do Colexio Divina Pastora, dábase paso a un fermoso e animado festival de panxoliñas.

 

 

Nel participaban un total de agrupacións diferentes: o alumnado e membros da ANPA do Colexio Divina Pastora do Barco (dous de cuxos nenos lle facían unha ofrenda a Santa Rita tras a actuación), o Coro da Parroquia de Rubiá, o Coro de Santa Rita do Barco, o Coro de San Mauro do Barco e unha agrupación coral de Puente de Domingo Florez, Quereño e Salas de la Ribera.

 

 

 

 

 

Cada un destes grupos interpretaba un par de villancicos de estilos e ritmos moi diferentes, pero co que contaxiaban o espírito navideños aos presentes.

Fotos: A.R.

Vídeos: O SIL.

 

 

 

Tres alumnos do Colexio Divina Pastora, pregoeiros do Nadal no Barco

Back to top button