CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Festival e acto de graduación nunha bonita xornada de convivencia para pechar o curso no CEIP do Bolo

Tamén houbo un xantar, inchábeis e xogos de auga no pavillón municipal

 

Neste venres 19 de xuño o CEIP do Bolo daba por finalizado o curso escolar 2025-2026 coa celebración do festival de fin de curso e o acto de graduación, “unha xornada moi especial na que toda a comunidade educativa puido gozar dunha gran festa de convivencia”, din dende o centro, explicando que posteriormente tiñan unn xantar organizada polo ANPA e, durante a tarde, “os asistentes desfrutaron de diversas actividades lúdicas con inchábeis e xogos de auga no pavillón principal.

 

 

Desde o centro agradecen, tanto ao Concello como ao ANPA, a “súa colaboración e apoio ao longo de todo o curso escolar” e desexan a toda a comunidade educativa “unhas felices vacacións de verán”.

 

 

Así mesmo, informan de que desde o 1 de xullo ata o 1 de setembro desenvolveranse no centro actividades de ludoteca, así como talleres e actividades organizadas por Obrador Eiros, dirixidas a todas aquelas persoas que desexen inscribirse durante este período vacacional.

Fotos cedidas.

Back to top button