“A proba raíña do trail running galego coroa a súa undécima edición unha vez máis cunha xornada marcada polo alto nivel de participación, tanto en corredores como en voluntarios”, así o destaca a organización do Quiroga Trail Challeng, que se desenvolvía na pasada fin de semana, que amosa a súa máxima gratitude. “Repetímonos moito cando dicimos que sen os voluntarios isto non sería posible, pero é que simplemente é unha realidade!”, comentan emocionados Blas Rodríguez e Manuel Barreiro, directores da proba.
O domingo celebrábase a segunda xornada do evento polos territorios do Lor, co trail, o mini, a carreiriña e a andaina; novidades estas dúas últimas tamén desta edición. Unha xornada que se alongaba coa entrega de premios dos seguintes podios.
Podio masculino do trail: Javier Janeiro Cerdeira (Kórpore Arenteiro Trail), Sebastián Reboreda Lorenzo (A.D Mondariz) e Iván Reboredo Sanjurjo (Traileros, Toxos & Birras); o feminino completárono Alina Cimpean (GTR-Galaico Trail Running), Sonia Méndez Pérez (Toxiza Clube de Montaña) e Cristina Rodríguez Villar (Running Sport Trail).
No minitrail completaron os podios Eloy Martínez Faro (AC Castelos Trail Club), Pablo Vecino Rey (Tribo Trail) e Moisés Bereijo Nebril en homes; e María Platero Prado (Traileros, Toxos & Birras), Nerea Castro Nogueira e Caroliña Niño (Traileros, Toxos & Birras), en mulleres.
Na nova distancia da Carreiriña os máis rápidos foron, en homes, Manuel Currás Estevez (Nocedo Trail Team), Fernando González Rodríguez (Obxectivo Trail) e Pepe Mansilla Barreiro (Club Deportivo Inclusivo Enki); e, en mulleres, Maica Rodríguez (Metas Imposibles Trail Team), Xiana Bugallo Paz (Club Deportivo Delikia) e Valeria González Rodríguez (Club Deportivo Delikia).

E para os que se animaron a correr na modalidade de circuíto os dous días os podios foron os seguintes:
No circuíto ultra 83 k subíronse ao caixón masculino José M. Gil, Víctor Maneiro e Xosé M. Fernández. Non houbo participantes femininas nesta modalida.
No circuíto ultra 53 k compartiron podio David Porto, Edu Fabeiro e José M. Fernández, en homes; e, en mulleres, Patri Noya, Aida Rodríguez e Silvi Arce.
No circuíto maratón o podio masculino foi repartido entre Fran Tosar, Paco Muñoz e Manu Gómez; e, entre as mulleres, foi para Carolina Niño, Lourdes Vázquez e Fina Blanco. No circuíto trail o podio masculino foi para Lucas Hernández, Manuel Piñeiro e Javier González; e, o feminino compartírono Alina Cimpean, Fanny Abelenda e Álex Vidal.
No circuíto minitrail, os clasificados foron Eloy Martínez, Pablo Vecino e Moisés, entre os homes; e María Platero, Serafina Pereira e Alba Midón, entre as mulleres.
E, xa por último, no circuíto carreiriña os máis veloces foron, en homes Fernando González, Clemente Ferrer e Francisco J. Peniza; e en mulleres, Soledad Rocha, Valeria González e Xiana Bugallo.
Gran labor de equipo conxunto de organización, voluntarios, patrocinadores, colaboradores e , por suposto, apoio imprescindible do Concello de Quiroga.

Xornada do sábado
Cos frontais acesos arrincou á hora prevista a modalidade ultra de 83 km; unhas horas máis tarde e xa con luz seguíronlle a ultra de 53 km e a maratón, todas elas con voluntarios apertura asegurando o correcto balizaje dos percorridos. O resto das distancias: trail, minitrail, carreiriña e andainas empezaron tamén segundo os horarios planificados.
No primeiro día do evento completáronse os podios así: Na ultra de 83 kms, o podio masculino foi para David Álvarez Lorenzo, do AC Castelos Trail Club, en primeiro posto; o segundo caixón foi para Rubén Diéguez Quiroga; e, o terceiro posto completouno José Manuel Gil Bernárdez, tamén do AC Castelos Trail Club. O podio feminino formárono nesta orde, Vanessa Pérez Castelao, de Terras de Burón; Anabel Ruíz Gutiérrez, de Rasines Trail; e Ana M.ª Martínez Fernández, do GM Ensidesa Xixón.
Na ultra de 53 km completaron a clasificación masculina Fidel Fernández Varela (A Braña Solorunners), José Santiago Villar (Vos Corzos do Ortegal) e David Porto Pérez (AC Castelos Trail Club). En mulleres compartiron caixón Angels Llobera (Inov 8), Patricia Noya (Tribo Trail) e Belén Rodríguez (Running Sport Trail). O podio masculino da maratón repartiuse entre Santiago Mezquita Fernández, do Solorunners Valladolid; Marcos Leonardo Alonso, do CDM A Bóveda; e Marcos Antonio Pascual Fidalgo, do CD Biosbardo . Ao podio feminino subíronse Carolina Niño, de Traileros Toxos & Birras; Loreto Rodríguez Martínez, de Atletismo Baiona; e Shirley Carolina Garcés, tamén de Traileros Toxos & Birras.
A clasificación do trail masculino foi para Jaime Romo Santamaría, do Solorunners Valladolid; Marcos Naya Badallo e Miguel Vázquez Grela, ambos os do Traileros Toxos & Birras. As tres primeiras mulleres clasificadas foron: Alina Cimpean, do GTR Galaico Trail Running; Rocío Lavín Barquín, do Club Deportivo Ozono; e Cristina Galván Alfonso, tamén do Solorunners Valladolid. Na distancia minitrail o podio masculino formárono Eloy Martínez Faro (AC Castelos Trail Club), Pablo Vecino Rey (Tribo Trail) e Mario Rouco Rey (CD 21 Leguas). O caixón feminino compartírono María Platero Prado (Traileros Toxos & Birras), Rosa López Teijeiro (Vos Corzos do Ortegal) e Estefanía Muras Serantes (Vos Corredores do Inferno).
Por último, na estreada distancia Carreiriña os máis novos que subiron ao caixón masculino foron Álvaro Soto Deas (Club Deportivo Delikia, Xabarín), David Fernández Martínez (A Braña Solorunners) e Tomás Fernández Otero (Club Deportivo Delikia, Promesa). O podio feminino foi compartido entre Saleta Pérez Fernández (Club Deportivo Delikia, Promesa), Soledad Rocha Romero (Metas Imposibles Trail Team) e Nieves Iglesias Pereira (Indoor Club de Escalada, Promesa). A organización destaca o progresivo aumento de corredores de alto nivel, moitos xa habituais da proba, á vez que manteñen o seu espírito de carreira popular.
Fotos: Miguel Rúa.