Na tarde do venres 31 de outubro arrancaba en 12 establecementos o X Concurso Tapa Micolóxica, no marco do XXV aniversario das Xornadas Micolóxicas que organiza o Club Montaña Trives.

Segundo as bases, cada local pon á venda por 2,20 euros unha tapa para a súa degustación e que serán valoradas por sabor e presentación. Nesta edición participan Boliche, Manolos, Sky, O Bodegón, A Cantina do Catro, La Pluma, As Maceiras, O Paiño, Estación de Montaña Manzaneda, A Masía e Casanova.

Mañá, domingo día 2 ás 15 horas rematará o concurso e ás 18 horas será a entrega de trofeos e sorteos no patio interior da Casa Grande de Pobra de Trives.

Fotos: Cedidas/ Carlos G. Hervella.