A
Asociación Centro Comercial Aberto O Barco Aberto lanza unha romántica Campaña de San Valentín, “deseñada para celebrar o amor en todas as súas formas”, aseguran.
Así, o vindeiro sábado 14 de febreiro convidan aos seus clientes a achegarse á caseta que colocarán na praza do Concello, en horario de 11 a 13:30 horas, onde lles regalarán unha flor natural coa entrega dun tícket de compra dun establecemento asociado. Os tíckets introduciranse nunha urna e realizarase un sorteo dunhas ceas para dúas persoas nos diferentes restaurantes asociados.
Con esta campaña “queremos visibilizar a asociación e aos nosos asociados, ao mesmo tempo que dinamizamos o espazo comercial e de lecer celebrando cos nosos clientes a data máis romántica do calendario”, aseguran dende o CCA, conscientes de que San Valentín “é un día especial” polo que queren que os seus clientes “sintan que cada detalle conta e que poden atopar o agasallo perfecto para esa persoa especial comprando nas tendas do Barco. Convidamos a todos a visitalas”, din, aconsellando que “non deixen pasar a oportunidade de comprar no comercio local e de facer deste San Valentín un día memorable” e agardando que esta campaña” inspire a todos a celebrar o amor dunha maneira única e especial”.
