
Entre os lugares nos que se lle renderá homenaxe á poetisa galega Rosalía de Castro no marco da celebración do Día de Rosalía (o 23 de febreiro) figura Viana do Bolo. Así o C. S. Torna-Xeira (situado na rúa María Pita, 18, da vila) será escenario o 28 de febreiro a partir das 19h. dunha foliada e dunha degustación do “Caldo de Gloria”.