A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Fontei (A Rúa) abre as Festas de San Antón con preto de 200 persoas na cea popular

 

A veciñanza de Fontei, na Rúa, celebra esta fin de semana ás festas na honra de San Antón. Uns festexos que arrincaban na noite do venres día 12 coa celebración da XVII Cea Popular que reunía a preto de 200 persoas que daban boa conta do menú composto por entremeses ibéricos e empanada, costela de tenreira con patacas e ensalada, postre, viño, café e licores.

 

 

A música corría a cargo da Macro Disco Móvil Impacto, ata altas horas da madrugada, mentres os máis novos comezaban a desfrutar das atraccións colocadas ao longo da rúa Telesforo Ojea e tamén na praza Enriqueta Casanova.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button