CD RúaDeportesFútbolÚltima horaVídeos

Formación lúdica sobre o uso do desfibrilador, no Campus de Fútbol do CD Rúa

 

Dende hai aproximadamente un mes o campo de fútbol Vicente Solarat Maceda, na Rúa, conta cun desfibrilador converténdose así nun espazo cardioprotexido, algo moi importante non só para os deportistas que utilicen as instalacións municipais senón para toda a poboación.

O seu uso é relativamente sinxelo pero dende o CD Rúa pretenden que a maioría da xente esté preparado para usalo en caso de necesidade polo que darán sesións formativas a adestradores, pais de xogadores e todo aquel que esté interesado.

 

Asistentes á formación lúdica durante o campus de verán do CD Rúa.

 

Na mañá deste xoves 13 de xullo eran os cativos que están no campus de fútbol de verán, os que asistían a unha formación lúdica a cargo dun profesional do 061 que lles deu, dun xeito entretido, nocións básicas sobre o uso do desfibrilador.

Dende o CD Rúa, Bolo explica que esta simplemente foi unha clase para a saber como se utiliza pero “non estás formado, despois os adestradores de cada equipo daremos un curso específico”, di, adiantando que dende o club “obrigaremos a todos os adestradores a estar formados nesta materia polo que o custe sacarase do soldo ou da subvención pero todos estaremos formados e, se algún pai quere ter o título tamén poderá, pagando cada un o seu propio curso”.

 

 

Fotos e vídeo: Verónica Vieira/ Por las Ramas Estudio.

Artigos relacionados

Back to top button