EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Formación sobre solo agrícola e vitícola, organizada por AEVA na Rúa

O curso será os días 24 e 25 de outubro e contará coa participación dos enxeñeiros técnicos agrícolas Enrique Santiago Pérez Espiño e Ricardo Dobao Macía

Viñedo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) pon en marcha unha nova formación gratuíta para os seus asociados, dentro do programa AEVA Emprégate VII, financiado pola Deputación de Ourense, centrada no mantemento do chan e a fertilización vitícola, co obxectivo de mellorar a eficiencia e reducir custos nas explotacións agrícolas e vitivinícolas.

O curso celebrarase na aula do Centro Cultural Avenida da Rúa, o venres 24 de outubro de 17:00 a 20:00 h e o sábado 25 de outubro de 10:00 a 13:00 h, e contará coa participación dos enxeñeiros técnicos agrícolas Enrique Santiago Pérez Espiño e Ricardo Dobao Macía.

Durante as sesións abordarase a importancia do chan como elemento vivo e produtivo, con contidos prácticos sobre diagnóstico de chans, fertilización axustada, microbiota e fertirrigación sostible, todo iso orientado a optimizar recursos e aumentar a rendibilidade das leiras.

As prazas limitadas son limitadas e a inscrición é gratuíta para asociados e obrigatoria, a través do formulario dispoñible na web de AEVA.

 

Back to top button