CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Fran D Bendollo expón “Millionare” no Casino do Barco ata o 15 de setembro

 

Dous anos despois do incendio que danou seriamente o edificio, a sala de exposicións da Sociedade Casino do Barco está máis viva que nunca. Dende hoxe e ata o 15 de setembro, xusto despois das Festas do Cristo, acollerá a exposición “Millionare” do artista valdeorrés Fran D Bendollo deseñador gráfico e publicitario de profesión, afincado en Madrid.

 

 

Trátase da segunda vez que Fran expón no Barco (o ano pasado facíao no Teatro Lauro Olmo no marco da Semana de Cine), amosando unha vintena de obras que “convidan a reflexionar sobre a sociedade de consumo actual”, en palabras do presentador, o seu amigo Manolo, quen explicou que se trata dunha arte “moi persoal, crítica cos estándares actuais, cunha ollada introspectiva que convida a pensar”, intercalando debuxo, pintura e procesos dixitais.

 

 

Son, segundo Manolo, “lenzos manchados con alma, abandonando tópicos e estereotipos para aportar a súa visión interior do mundo publicitario sen campañas nin slóganes, arte en si mesma sen filtros, crua, visceral”. Obras que falan da emoción, da introspección e da liberdade “que se logra cando un é capaz de mirar cara dentro, abandonando todo o demáis”. Unha “manifestación autodidacta e de superación persoal coa cal non pretende convencernos se non máis ben conmovernos, dende unha ollada íntima que nos susurra: sente, comprende, imaxina e escoita o teu interior”.

Á inauguración, celebrada na tarde deste venres 21 de de agosto e presentada polo presidente do Casino, Pablo Dobao, que daba a benvida ao artista e aos asistentes, acudían veciños do Barco e amigos de Fran.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button