Entroido 2026OurenseÚltima hora

Frei Canedo percorre en procesión as rúas do barrio ourensán da Ponte

 

O barrio da Ponte, na cidade de Ourense, rendíalle tributo neste Luns de Entroido ao seu irreverente “santo entroideiro”, Frei Canedo. A xornada festiva arrancaba ás 12h. cun pasarrúas de Aperta Percusión. E, xa pola tarde, ás 18:30h. comezaba o ritual propiamente dito. Ás 18:30h. facíase a xuntanza de confrades arredor da capela, xunto á ponte romana, para o inicio dos solemnes actos: a purificación do lugar co potafumeiro, o sermón e a bendición de novos confrades.

 

 

E xa arredor das 20h. Frei Canedo, rodeado das diferentes autoridades deste Entroido, era levado en procesión polas rúas da Ponte, ante multitude de persoas. Era portado polos lexionarios.

 

 

 

Unha vez completado o desfile, que ía ata estación do tren e daba a volta, tiña lugar unha cea na carpa para honrar ao seu santo, Frei Canedo, a partir das 22h., para confrades e amizades. Non faltará despois un folión de fogos de artificio e un baile de disfraces, ás 00h. con Solara.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button