CulturaÚltima hora

A galería de arte Marisa Marimón acolle una exposición da ourensá Tamara Feijoo

‘A imaxe fantasma’ será inaugurada mañá venres ás 20h
Imaxe dun dos modelos que se poderá apreciar na exposición de Feijoo.
Imaxe dun dos modelos que se poderá apreciar na exposición de Feijoo.

A ourensá Tamara Feijoo, licenciada en Belas Artes, inaugura mañá venres, día 10, unha exposición das súas últimas obras na galería de arte Marisa Marimón. O acto terá lugar a partires das 20h. A mostra recolle traballos de debuxo e pintura que se caracterizan por detalles íntimos e por estar plasmados en pequenos formatos e soportes delicados. En canto á temática, a súa práctica artística xira arredor da relación do ser humano e a natureza.

Estas obras poderan ser visitadas no mes de xullo de 11 a 14h e, pola tarde, con cita previa.
Estas obras poderan ser visitadas no mes de xullo de 11 a 14h e, pola tarde, con cita previa.

A serie que poderá visitarse na galería de arte Marisa Marimón, ‘A imaxe fantasma’, reúne traballos sobre papel. “As pegadas, os restos, a luz e, de novo, o espazo son os elementos que constitúen as obras; os gofrados que representan as pegadas de térmites sobre papel e madeira convértense en abstraccións e conviven con espellismos e papeis que se volveron transpartentes, fráxiles e etéreos”, define a propia autora.

A artista ourensá pretende plasmar nos seus traballos sobre soportes delicados a fugacidade, a persistencia e o recordo.
A artista ourensá pretende plasmar nos seus traballos sobre soportes delicados a fugacidade, a persistencia e o recordo.

Segundo ela, nas pezas que se exporán hai unha finalidade: debuxar por medio do volume, a impresión e a marca, debuxar con luces e sombras para falar da fugacidade e persistencia e, en definitiva de recordo.

A exposición poderá ser visitada até o 30 de setembro, aínda que no mes de xullo só estará aberta en horario de 11 a 14 h. Pola tarde pódese contemplar con cita previa. Do 1 de agosto ao 9 de setembro, a sala pecha por vacacións.

Artigos relacionados

Back to top button