SanidadeÚltima hora

Galicia rexistra 333 positivos por coronavirus, 34 na área de Ourense

Ademais vén de producirse un cuarto falecemento. Trátase dun varón de 72 anos ingresado no Hospital Universitario da Coruña

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos Asensio.

 

A cifra de casos de coronavirus en Galicia continúa medrando. Segundo a última actualización, realizada na mañá deste mércores 18 de marzo, hai un total de 333 positivos, deles 108 son da área da Coruña, 31 da de Lugo, 34 da de Ourense, 47 da de Pontevedra, 49 da área de Vigo, 56 da de Santiago, e 8 da de Ferrol, segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

Do conxunto de pacientes positivos, 11 permanecen en UCI, 63 están en unidades de hospitalización e 259 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 4 altas de pacientes e 4 falecementos. “O cuarto falecemento é dun varón de 72 anos, que estaba ingresado na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e que padecía varias patoloxías previas”, segundo a Consellería de Sanidade.

O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web https://coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos

 

Artigos relacionados

Back to top button