EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

Gastronomía sostible maridada con viños da D.O. Monterrei, na Feira do Lázaro de Verín

O director técnico desta denominación impartía xunto á cociñeira Begoña Vázquez a actividade "Sabores con Sostibilidade"

 

Con interesantes propostas está a participar o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei na Feira de Mostras do Lázaro, que se celebra nesta fin de semana no polideportivo de Verín. Ademais de contar cun espazo propio no que poden probarse ata 38 referencias dun total de 19 adegas de Monterrei, tamén se organizaban actividades como “Sabores con Sostibilidade. Unha viaxe sensorial cos viños da D.O. Monterrei”, que tiña lugar na mañá deste sábado 16 de marzo e que se iniciaba cunha breve presentación de Luis Congil sobre a D.O. Monterrei.

 

 

Estaba impartida polo director técnico do Consello Regulador, Miguel López, e contaba coa colaboración de Begoña Vázquez (O Regueiro da Cova), que destacaban que “os produtos de proximidade maridan mellor”.

 

 

Ambos presentaban unha serie de harmonías entre elaboracións desta cociñeira maridadas con viños de Monterrei, comezando por un mencía do ano 2022 e, seguindo despois por godellos de distintas anadas.

 

 

E xa o domingo, tendo tamén a colaboración de Begoña Vázquez, será a quenda para a iniciativa “Cata Doce de Monterrei”, ás 12.30 horas. Neste caso será realizada por Natalia González, secretaria-técnica de promoción do Consello Regulador.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button