SanidadeÚltima hora

Gómez Caamaño asegura que “o fundamental para nós é garantir a asistencia sanitaria”

En relación á folga convocada polos sindicatos en Atención Primaria, avanza que "a Consellería de Sanidade demostrou unha gran vontade retirando o documento e a partir de aí, comezar a negociar as condicións laborais dos traballadores"

O conselleiro de Sanidade.

 

“En Primaria estamos mantendo moitas xuntanzas, por un lado coa mesa sectorial e cos sindicatos que teñen a convocatoria de folga á hora de negociar”, aseguraba na mañá deste xoves, 20 de novembro o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacando que “a Consellería demostrou unha gran vontade retirando o documento e a partir de aí, de cero comezar a negociar o que son as condicións laborais dos traballadores”.

Gómez Caamaño recoñece que están dacordo nos puntos de mellora pero que tamén hai que ter en conta a perspectiva da Consellería. “O fundamental para nós é garantir a asistencia sanitaria nun entorno complexo, xa que estamos a falar de que hai convocada unha folga de catro días para o mes de decembro contra o Ministerio de Sanidade por culpa do Estatuto Marco, estamos cunha epidemia xa practicamente de gripe… entón queremos chegar a acordos pero insisto en que neste momento a nosa maior preocupación é garantir a asistencia sanitaria”. Unha vez conseguida, “se Sanidade ten a vontade de dialogar e chegar a un acordo, os sindicatos deberán facer os mesmos razonamentos que facemos nós de intentar chegar a un acordo pensando sempre nos pacientes que son realmente o máis importante e ao mesmo tempo coidando o que son as condicións laborais dos profesionais”.

O consellería avanza que tamén están a falar, dende outra perspectiva xa máis global, dos problemas de Atención Primaria, tanto coas sociedades científicas de Primaria como cos colexios medicos, para ter unha visión en conxunto de cales son as necesidades reais e as inquedanzas dos profesionais de Atención Primaria en Galicia”.

Back to top button