Dende as 11 da mañá e atas as oito da tarde aproximadamente, permanecía aberta na carpa instalada diante do pavillón municipal do Bolo, a feira de produtos tradicionais da Festa da Vitela, con máis de 15 postos con obxectos de artesanía, doces, viño, aceite e mel.

Nesta soleada e calurosa xornada de Sábado Santo, a piques de rematar a Semana Santa, a feira contaba cun gran ambiente e un espazo para a promoción das figuras do “Entrudio do Bolo”, o Touro e o Xigante de Celavente e a Máscara de Buxán; ademais da música da charanga TDB.

Fotos: Carlos G. Hervella.