A data inicial era o 15 de agosto, en pleno verán pero os incendios forestais que nesas datas arrasaron Valdeorras obrigaba a adiarlo, quedando emprazado para o outono.
Tras dous meses de espera na tarde-noite deste sábado 18 de outubro A Rúa volve converterse no epicentro da música feita en Galicia da man de O Son da Estación. O festival aposta polo talento musical galego, cunha combinación de estilos que van do rock alternativo ao indie pop, pasando pola música tradicional e electrónica, ademas do compoñente local.


De feito era a xove banda local Green Angels quen abría o cartel. Despois actuaba Mondra e xa de noite será o turno de Carlos Ares e finalmente, xa de madrugada Agoraphobia. E entre banda e banda, Señora DJ pon o toque electrónico á velada, facendo bailar aos asistentes.

O evento está patrocinado por Turismo de Galicia, dentro dun programa que este ano inclúe máis de 180 concertos en 70 localidades galegas, contando coa presenza do director xeral, Xosé M. Merelles. Producido por Ton y Son, conta coa colaboración do Concello da Rúa e a produción de Ton y Son.

Fotos: Carlos G. Hervella.